Friday 03 de May de 2024

Presentámosche o cartel máis carballés do Rockin, que regresará o 1 de xullo para despedir as festas de San Xoán


Despois das lembranzas a Jimi Hendrix, Jim Morrison, Aretha Franklin e Janis Joplin nos carteis dos últimos anos, neste 2023 o Rockin quere render homenaxe a Carballo cun cartel que, ao igual que o noso skyline, recolle algúns dos símbolos arquitectónicos da capital do concello. Presentámosche a nova ima-xe do festival de música alternativa organizado pola Concellaría de Mocidade arredor das festas de San Xoán.

Moi pronto comezaremos coas confirmacións dos grupos, así que non perdades detalle. Pero o que si podemos adiantarvos é que o festival pagará moito a pena, así que ide reservando a data do 1 de xullo para gozar da música da mañá á noi-te, e aproveitade a fin de semana de despedida do San Xoán para gozar do Rockin o sábado e da Festa do Bosque o domingo.

A concelleira de Mocidade, Maruxa Suárez, felicitou ao deseñador gráfico carba-llés Juan Félix Gende, “porque unha vez máis volveu atinar co cartel, convertendo a ponte da guitarra no skyline de Carballo”.